LIBROS
CUADERNOS. 1957-1972. Cioran. Tusquets. 2020. [1]
Non se pode dicir que a lectura dos Cadernos de Cioran que agora se publican en edición completa, sexa algo aconsellable cando o vida colle o feitío dun luscofusco ou dun andazo. Pesimista, cheo de desacougos e de teimas sobre o vivir, insomne, autor de libros como Del incumbinte de nacer, Nos cumios da desesperación ou Breviario de podremia, aquel que non coñeza os seus libros pode supoñer de que tratan polos seus títulos. Foi home de vida solitaria que só amolecía a súa melancolía coa música de Bach, a lectura de Tácito e con grandes andainas de trinta quilómetros ou máis: Hoxe seis horas camiñando. Estradas baleiras. Sen nenos. Sen ruídos. A felicidade …
Romanés de nacenza pero coa mellor prosa francesa do seu tempo segundo amigos e inimigos, foi un escritor de “anacos” que moitas veces iluminaban libros, personaxes e situacións cunha concisión e claridade á que os seus colegas, se tivo algún, foron alleos. Cioran mantivo toda a súa vida (morreu con Alzheimer en 1995) unha recorrente e particular relación co suicidio: A idea do suicidio acompañoume en todas as circunstancias da miña vida graves ou frívolas…ao cabo, é unha teima saudable xa que me permitiu ata agora resistir a urxencia de destruírme… Curiosa e pouco recomendable convivencia que semella ser de axuda para espíritos como o de el para quen o suicidio era unha idea non un pulo.
Vivía nunha bufarda pequena no centro de París que puido conseguir despois de moitos anos vivindo nun deses hoteis franceses que teñen o nivel dunha pensión española e comendo na cantina da Universidade onde se matriculaba para poder comer ata que cumpridos os corenta anos un novo regulamento que limitaba a idade acabou con esa mantenza . Nunha conversa con François Bondy que lle preguntou abraiado como conseguira o «apartamento» con esas vistas dos tellados de París, Cioran díxolle que encargara a unha axente inmobiliaria que lle procurara algo pero sen resultados. Un día, mandoulle un dos seus libros dedicados. Aos dous días a axente entregoulle as chaves do apartamento por un aluguer ridículo, que Cioran, que mentía nas súas declaracións á Facenda por vergoña inventándose ingresos que non tivera, podía pagar. Para Cioran firmar libros era unha tortura da que procuraba fuxir aínda que sabía que é costume en Francia que os críticos agarden un libro dedicado e que cando iso non acontecía, dicía, xa sabía que as críticas serían inexistentes ou malas.
Cioran, escribe Savater que lle dedicou a súa tese doutoral, foi sempre un pensador ateo pero relixioso que nunca lle perdoou a Deus que non existira. Ás veces, o seu amigo, Samuel Beckett, ao seu xeito case tan túzaro coma el, tiña ideas semellantes : !Deus non existe…!O bastardo!. Quen si existía para Cioran era Bach do que pensaba que sen el, Deus sería menos Deus. O comezo das Variacións Goldberg, era para Cioran o cumio …de todo.
Releo por terceira vez ao chou algúns anacos destes cadernos. Non hai anaco que non invoque algunha inquedanza ou esperte un desacougo, pero tamén, que non ilumine o presente e o porvir. Paga a pena que o lean… Si se atreve
[1] Rasinari, Rumanía 1911; París- 1995).
1 comentario en “CUADERNOS. 1957-1072. Cioran. Tusquets.2020”
Beckett maldecía a Dios por no existir, de hacerlo, sería un psicópata sin piedad por sus criaturas. Lo imagino a millones de años luz, como un francotirador. Con un fusil de alta precisión disparando sobre la humanidad para divertirse. Los dioses griegos eran mejores, con todas sus humanas maldades, que el Dios en el que ya nadie cree, por fortuna. Somos producto de miles de probabilidades que, podían no haberse dado, somos insignificantes en el cosmos. Moriremos y solamente nos recordarán unos pocos y, con el paso del tiempo, incluso ellos nos olvidarán. Y así debe ser. Si, me muriera esta noche, tendría que decir que, casi todo lo que he necesitado y, aún más, deseado con todas mis fuerzas, lo he tenido. Aún así, un run run interior que no cesa, me invade a todas horas, Y, es que , hasta la felicidad cansa si dura un día de más. Mientras tanto, seguimos aquí separando el grano de la paja, algo que hemos ido aprendiendo con los años. Distinguir lo que merece la pena es la mejor lección aprendida. Todo lo demás es entretenimiento que nos desvía de lo verdaderamente importante.