Non sei se haberá un xeito peor de comezar unha entrevista que a de Javier Martín en El País con Antonio Lobo Antunes :
Pregunta. Gracias por recibirnos na súa casa de Lisboa a cidade de Pessoa.
Resposta. Non son un admirador de Pessoa.
- …! O Libro do desassosego ¡…
- O libro de non sei que abúrreme de morte. A poesía do heterónimo Álvaro de Campos é una copia de Walt Whitman; a de Ricardo Reis, de Virxilio. Pregúntome se un home que nunca fodeu pode ser un bo escritor.
Supoño que abafado polo lugar común que fai de Pessoa e Lisboa unha mesma cousa Antunes esaxeraba pero non era a primeira vez que falaba dese xeito de Pessoa e non foi a derradeira. Hai pouco, xuño do 2018, escribía en Visão:
O poeta Fernando Pessoa, por exemplo, parece-me não uma criatura mas um nada falante. Não é ao artista que me refiro agora, é ao homem que tentava existir através da bebida na esperança de obter, por intermédio de um substituto do leite materno, a densidade carnal que não tinha e, portanto, os seus escritos não respiram. Fingem que respiram, num sofrimento imenso[1]
Coido que ten razón Antunes. O Libro do desassosego non respira. Malia a súa sona e os moitos lectores que o gaban, é, para outros moitos lectores, un libro aburrido onde páxina tras páxina non se atopa algo iluminador que mereza a relectura. Outra cousa son os poemas pero…
- H. Auden, que como Antunes estivo nunha guerra (a española coas brigadas internacionais) foi moi viaxado e non lle faltaron amores (homosexuais), tiña as mesmas dúbidas pero menos radicais que Antunes con Yeats (1865-1939) que foi premio Nobel de literatura en 1923: Os derradeiros poemas de Yeats son correctos pero fan que un se sinta incómodo con eles. Iso é o que sucede cando ata os 40 anos un é virxe como era o caso… Claro que Auden tiña unhas preferencias literarias moi súas: Don Quijote, aburrido; Montaigne, “non me gusta nada”; Shelley, “me disgusta”; os Diarios de Kafka, “moi malos”; As viaxes de Gulliver, aburridas; de Shakespeare algunhas obra si outras non, e así.
Antunes que foi médico psiquiatra, hoxe xubilado, estivo dous anos na guerra de Angola, viaxou moito e a súa vida amorosa, aínda que discreta, está moi lonxe da vida virxinal de Pessoa, (1888-1935) un oficinista que semella que da vida non literaria e carnal pouco sabía mergullado ademais como estaba, curiosamente como Yeats, en misticismos e esoterías varias. Antunes puido vivir as tres aventuras que Vadimir Jankelevicht[2] consideraba, a xeográfica, a literaria e a amorosa e as tres están na súa literatura. Pessoa estivo de neno en Sudafrica, pero pouco tivo de aventura esa vida, e nada hai na súa escritura de aventura amorosa. Apenas unha novia, Ofelia Queirós, coa que tivo algúns preliminares eróticos sen que conste que houbese consumación. Aventura literaria entón e tamén xeográfica senón somos esixentes pero a que falta, a amorosa, a densidade carnal da que falaba Antunes, é definitiva. Escribe Jankelevitch:
O amor non forma parte desa forma ridícula do destino que se chama a carreira e aínda menos desa forma ridícula da carreira que se chama curriculum vitae. Cando un funionario redacta a súa instancia non menciona os seus amores… (e) non se lle pregunta polo nome das mulleres ás que amou…a cousa máis importante do mundo… o maís importante na vida dun home son as amantes que tivo…
Se cadra hai algunha relación entre o interese polo mundo esotérico e o misticismo e a aventura amorosa non vivida. Os que viviron as tres aventuras non precisan entregarse a esas prácticas. Saben que nada hai máis esotérico, místico e sobrenatural que os asuntos amorosos.
[1] Visao 14 de xuño 2018
[2] V. Jankelevitch. La aventura, el aburrimiento, lo serio. Taurus. 1989.
1 comentario en “AVENTURAS”
Para ponerme a su nivel podría argumentar si usted habla de si mismo cuando dice que un hombre que no folla no puede escribir bien. Pero no lo voy a hacer. Pessoa es, infantil en sus cartas a Ofelia, porque también lo era en su relación con ella, cteo, después de leerlas. Tampoco le diré que su opinión es simple, como habla usted de la mia. Su opinión es una, como cualquier otra. Se puede opinar sin agredir ? Usted dirá… Y no, el hombre o mujer que escribe sin haber tenido relaciones sexuales, no “respira” como dice Lobo Antunes; es como hablar de deporte, sin haberlo practicado nunca. Se habla de “oídas”, Pues lo mismo.