Sempre que releo o Rei Lear, hai un momento no que Rajoy, o queira eu ou non, é convocado polo texto de Shakespeare. O rei Lear que ten tres fillas, unha boa, Cordelia, e dúas malvadas, Regania e Gonerila, decide na súa vellez repartir o reino entre elas e pídelles que declaren canto amor senten por el. Cordelia, négase a competir coas súas irmás na expresión de amor paterno polo que é desherdada. Lear que vai vivir coas outras fillas, moi cedo rifa con elas que o botan dos seus castelos e o privan de todos os seus bens. Despois de varias batallas e sucesos a historia remata con case todos mortos, incluíndo a Cordelia, pero iso é outra historia que se pode coñecer lendo a obra. O caso é, que Gonerila, nun dos seus parlamentos, di falando do seu home (acto IV, escena II):
É o terror pusilánime do seu espírito, que non se atreve a emprender nada. Non quere sentir aldraxes que se vexa obrigado a responder…eu ei de cambiar na miña casa a insignia do meu sexo e poñer a roca nas mans do meu home…
O refraneiro popular ten outro xeito de dicilo que aquí é citado cunha pequena variante: mexan por el e di que chove… e mexan moitos… Rajoy por pusilánime, non foi quen nestes catro pasados anos, coa maioría absoluta en autonomías e goberno central, de arranxar o que cumpría arranxar (a xustiza, a ensinanza, a sanidade, a reforma electoral, a devolución de algunhas competencias dende as autonomías, a fusión de concellos, a eliminación das deputacións ou de moitas autonomías, a corrupción, a decota de empresas estatais ou autonómicas inútiles, obrigar a cumprir a lei …).
O seu comportamento lembra o daquelhome do que dicía Leon Bloy, que ao chegar a súa casa e ver que estaban violando á súa nai, marchou lixeiro a buscar un avogado, non á policía, a un avogado para poñer unha denuncia. Este presidente parece pensar que abonda con promulgar unha nova lei para que sexa obedecida e cando como tantas veces non acontece así, non é quen de facer que interveña o executivo e fará una nova lei que será desobedecida e así…
Hai nesta mesma obra de Shakespeare unha escena que ven o caso. Cornualla, outra das fillas malvadas de Lear, cun coitelo, arrinca os dous ollos de Gloucester, leal vasallo de Lear, dicindo: Fóra, xelatina vil. ¿Onde está agora o teu resplandor?. Gloucester, cego, seguido por un criado, atopa no medo dunha treboada ao rei Lear, tolo , vagando polos campos e quere persuadilo para que o acompañe. Avisado do perigo desa andaina polo seu fillo, Gloucester dí: É calamidade destes tempos que os tolos guíen os cegos… Non é unha desaxeitada definición do goberno actual e sospeito, que vale tamén, para os que se dispoñen a ser o novo goberno.
O Velho do Restelo
6 comentarios en “O Rei Lear e Rajoy”
No, no es un espíritu pusilánime, es el silencio del zorro, es el que sabe que la está haciendo pero va callando para no levantar polvareda que pudiera hacerle daño. Es el que sabe muy bien lo que está cociendo y se esconde para no dar la cara, porque en ese caso, cuanto más se exponga, más riesgo corre de meter la pata y de encrespar los ánimos. Es ser la sombra en que se difumina el culpable. Es el que se mueve muy bien entre la tinieblas para generar confusión en el pueblo. Es el que con maestría juega el juego de no estar, estando, y así generar esa confusión de no ver claramente, no poner en referencia su cara a los despropósitos cometidos y demás expolios, dejar que hablen, que se viertan todo tipo de, tanto afirmaciones como conjeturas mientras permanece entre las sombras como un fantasma.
Y entre toda esa artimaña, la sociedad se mueve, repta, languidece o levemente se subleva, entre la confusión que generan éstos personajes perniciosos para la historia general de un país.
No es su condición personal, es una estratagema muy bien urdida. Tan bien urdida que aquí no pasa nada (ni dimisiones por casos gigantescos, ni responsabilidades políticas, ni explicaciones para ciudadanos medianamente inteligentes (no para tontos como ellos parecen vernos), aplicación de inmunidades de vergüenza…). Es verdad que algo ha pasado, pero para lo que ocurrió y ocurre, muy leve ha sido. La estratagema sigue dando sus frutos… en votos.
El no vino para arreglar la justicia, ni la enseñanza, ni por supuesto, la sanidad, el (y su equipo) vinieron para otra cosa: para esquilmar un país en beneficio propio poniendo como parapeto y justificación de la escasez y bancarrota (de nuestros dineros) del Estado, la crisis. No sólo no intentaron arreglarla, sino que la agravaron todavía más. Y su solución final fue que todos aportáramos más para ir llenando de nuevo lo que ellos iban vaciando. Fue el flujo constante de los dineros y sacrificios del pueblo hacia la mafia política.
Y su solución final no quedaba ahí. Constaba de más fases. No sólo era aprovecharse del momento sino que tenían previsto también sacar rédito constante en el futuro. Las privatizaciones de lo público que tenían en mente y que allí donde pudieron lo llevaron a cabo, eran negocio asegurado el resto de sus días: qué mejor que privatizar por ejemplo, la sanidad: negocio seguro. Y desangrando un país sin compasión.
La reforma laboral: tener una sociedad agarrada por el gaznate.
La ley mordaza: Dictadura bajo el nombre de Democracia (ahora hay que quitarles el uso de la palabra) Primer movimiento legal.
E Lear era un cazurro. Non soupo ver que a máxima do amor que por el sentían era precisamente a de esa que osóu dar a sinceira negación. É a cegueira para saber distinguir o verdadeiro da apariencia. E deses erros todo o que se deriva. No panorama político, todos somos un pouco Lear… A axuda das fillas que se nos presentan tampouco axuda moito…