Cada vez máis lonxe das redes sociais e deste xeito de compadreo e propaganda tan próximo ás fratrías adolescentes (hoxe, a adolescencia chega máis alá dos cincuenta). Sen animo, por suposto. de botarme á xugular das persoas que sustentan o que non considero nin plausible nin razoable (os anos e a fatiga pesan: non quero pecar de bondadoso), pero tamén sen querer evitar ser comedido na controversia e deixando moi claro que ningunha opinión é respetable. Un imposible?
-Si, Alfonsito, si. Non lle deas máis voltas.-contéstame a miña sombra.