Hey, babe, take a walk on the wild side
Estas cousas pasan porque continuamos aquí. Cumprir anos, vivir, é perder. A ti non che pasa, Rubio, porque te fuches antes. Alá polo 83, nunha tarde de outono abandonaches o barco. Hoxe acaba de facelo, segundo conta a prensa, o Lou Reed. Lémbraste? O verán de 1975, cando trouxen de Xenebra o “Horses” de Patti Smith e o “Live” de Lou Reed. Axiña nos quedamos coa versión do “Gloria” de Van Morrison –con aquela parrafada