Un luns de viños con Chesterton
Unha das cousas máis saudables para os que andivemos ou andamos máis ou menos arredor das esquerdas en sentido amplo é ler aos autores que se encadran no pensamento reaccionario e conservador. Qué razón levaba o título daquel número da revista Archipiélago (nº 56, maio-xuño de 2003) coordinado por Amador Fernández-Savater: “La inquietante lucidez del pensamiento reaccionario”, no que se falaba de autores como Chesterton, Heidegger, Céline, Donoso Cortés, Joseph de Maistre, Carl