Benito Fernández Alonso e a biblioteca da Deputación (Afonso Vázquez-Monxardín en LA REGION)
Os lugares de investigación humanística máis importantes de Galicia, para determinadas cuestións de cultura, son a Fundación Penzol en Vigo, a Real Academia Galega en Coruña e a Biblioteca da Deputación de Ourense. Non creo que esaxere. Porque por unha especial conxunción de astros e persoas, a Biblioteca da Deputación serviu, desde os tempos de Victorino Núñez, de imán atractivo para excelsos conxuntos documentais. Así, sumáronse aos importantes fondos propios da institución provincial –hemerográficos e