Xuño, xoves, noite
Sopla un airiño leve que apenas mitiga a calor diurna e xa permite gozar por primeira vez das terrazas nocturnas do barrio mesmo en camisa ou camiseta (certo, un é un tanto peito lobo). Aínda non hai moita xente e, sobre todo, pouca é a que aguanta máis alá das once da noite. Pero xa se nota un lixeiro ambiente de verán. Dous xornalistas de mediana idade, entre os coarenta e os cincuenta