Os Señores Importantes de Natasha Lelenco, unha artista no cabo do mundo
Natasha Lelenco é unha artista polifacética (pintura, ilustración, fotografía, vídeo) que naceu en Chisináu, a capital de Moldavia, un pequeno país que está encaixado entre Romanía e Ucraína e que foi a máis cativa das antigas Repúblicas soviéticas. Logo de estudar na Facultade de Belas Artes da cidade romanesa de Oradea, iniciou un periplo cara Occidente que a levou a Badalona, Ribadavia, Ourense e á Casa das Peritas, no lugar de Mallas, en Fisterra,