Un burro conectado a internet continúa sendo un burro
Fai tempo que andamos un tanto toliños co das novas tecnoloxías aplicadas ao ensino. Semella que explicar un tema coa axuda do power point ou empregar internet na aula son prácticas cada vez máis frecuentes. Pola contra, asuntos de importancia na aprendizaxe como o do emprego da memoria, a comprensión lectora, o saber falar e escribir correctamente ou diferenciar entre información e coñecemento, moito me temo que se estean deixando de lado. Dalgunhas destas cousas