25 de xullo (noite)
Chega á terraza malfadado, algo peneque e valentón –unha redundancia- por non ter tido ocasión de cumprir o ritual de todos os anos, manifestarse no día da patria, a causa do accidente ferroviario: “-Moitos máis morreron asasinados na guerra civil polos fascistas e ninguén os chorou”, dille á patroa do bar, vella coñecida, que manexa a situación con man esquerda e oculta que a súa filla acaba de perder a dous amigos no sinistro. Un