Comparto viños con dous vellos militantes do Partdo Comunista e de CC.OO dos que me separa un infinito en cuestións políticas e de ideas. Como un xa ten os seus anos, e eles tamén, e despois de discutir como parvos tertulianos, acabamos recoducindo a conversa a iso que se coñece como socioloxía do ocio: dime con quen tomas os viños e direiche quen es. Ao final rematamos tendo unha charla agradable e interesante sobre a iconografía dos sesenta: o peso das imaxes do papa Xoán XXIII e de Jonh Fitzgerald Kennedy nas incipientes clases medias españolas no Franquismo. Algo nas antípodas do me gusta ou non me gusta da tontería contemporánea (con perdón; non vaia ser que se moleste alguén).
2 comentarios en “Curiosidades”
Eso de “con perdón: no vaia ser que se moleste alguén” dácheme que pensar… Falo por mín: A estas alturas, e neste medio sobre todo, canto máis se molesten, mellor, porque ademáis pódese manter un pulso fomentando a oratoria. Fora deste medio, xa che me fartéi dos “con perdón” porque, si alguén non está de acordo o bonito é debatílo e si eses alguéns non saben máis que aplicar nunha conversa o: conmigo ou contra mín, que lles den por alí. Canto máis pasan os anos máis vai sobrando todo o superficial e non estrictamente necesario, tanto no material como humano. O que non sepa aceptar as diferencias, discutíndoas, eso sí, sobra. Prefiro un só ó que poda mirarlle ós ollos cando discuto, que unha multitude a que teña que estar sometida con os perdóns por si se molestan a hora de dar a miña opinión. Son unha túzara en progresión. Pssss…
A frase ía con ironía… Polo demais, totalmente de acordo co que di.