A verdade, non creo que haxa que perder moito tempo dándolle voltas á sentencia do Prestige. Pasados 11 anos e despois de ver como se fixo a instrución e da decisión de levar o caso pola vía do penal cando se sabía que por ela non se ía a ningures, haberá que pensar en como batallar mellor a nivel internacional e desde o plano xurídico-político contra os delitos medio ambientais. En canto ás responsabilidades políticas, á lamentable e impresentable actuación dos gobernos de Aznar e Fraga, xa sabemos o que deron de si: a perda da Xunta de Galicia por parte do Partido Popular (coa inestimable axuda do Aznar do trío das Azores), logo de gañar as municipais galegas inmediatas á catástrofe. De nada vale instalarse na melancolía. Coas augas pasadas non anda o rodicio, non se move o muíño.
Augas pasadas
Comparte esta noticia:
Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir