Nos dieron la noticia del fallecimiento del profesor Salorio, dejándonos un poso de tristeza. Y no podemos dejar de recordarlo en elcercano como se merece, que es con todo el afecto y la estima por el trato que nos brindó desde que nos conoció. Un humanista nato, como demostró ampliamente por su recorrido vital y público, pero más personalmente en la relación que mantuvimos. Solo alguien de talla humana como la que portaba en consonancia con su figura, podía haber confiado en unos editores modestos como somos elcercano para publicar su primer libro. Inexplicablemente, ocasión que dejó pasar sin ir más lejos La Voz de Galicia. El libro que tituló “La lección del sábado”, es una recopilación de artículos publicados por el periódico citado, maravillosamente escritos, amenos y todos ellos ciertamente interesantes. Gracias a la preparación de este libro pudimos mantener esa relación personal y directa inolvidable, que nos hizo disfrutar de su buena conversación y grata compañía, que por sí ya merecería la pena del esfuerzo editorial. Creo que Santiago Lamas, la otra persona asistente a estos encuentros, no me contradecirá en este sentimiento. Pero es que, aparte del aspecto emocional, además, su libro fue fértil también en lo económico, pues con el hicimos la mayor tirada de todos los publicados en elcercano, que ya superan en número los cuarenta libros. DEP, querido profesor, que nos deja un recuerdo entrañable, amén de un legado intelectual que seguiremos disfrutando al leer sus lecciones.
A continuación, e IN MEMORIAM, publicamos la presentación que hizo de él Santiago Lamas con motivo de una jornada de psiquiatría que organizaba el psiquiatra en Trasalva:
Presentación do doutor Sánchez Salorio nunha das últimas Xornadas de Psiquiatría, Psicanálise e Literatura da Asociación Galega de Saúde Mental celebradas no Pazo de Trasalba hai uns anos.
*
Ao profesor Salorio, témolo hoxe aquí como escritor, non como o catedrático de oftalmoloxía que foi que deixou abondosa descendencia discipular polo mundo adiante, traballos a eito da súa especialidade e un amplo saber clínico que, como era, non direi que acostumado entre médicos, pero si frecuente en tempos non moi afastados, vai na compaña dun saber humanístico non menos amplo. Médicos foron entre nós, Eduardo Pondal, Novoa Santos, Castelao, Luis Pimentel, Leiras Pulpeiro, García Sabell, Rof Carballo e Cabaleiro. Algúns exerceron pouco, Pondal, ou nada, Castelao, pero ciencia e letras estaban neles presentes e a eles debémoslle importantes achegas á poesía, o ensaio e a ficción porque ao cabo, a medicina, dixo Salorio nunha entrevista, é un arte baseado nunha ciencia que se exerce ao través dun oficio.
O profesor Salorio, aínda que procura agochalo,pertence a esa estirpe e digo que pretende agochalo, porque os seus escritos levan no pé nomes como Doutor Pseudonimus ou Procopio, polo Procope, o café parisino que aínda existe e que acolleu en tempos a Voltaire e Rousseau, e válese moitas veces para contar as súas historias de corvos sabidos, moi sabidos, que son quen de citar a Mallarmé (en francés), a Heidegger (en alemán), a Shakespeare (en inglés) a Lucas Labrada, Manuel Rivas, O Quixote e o Lazarillo, Cunqueiro, Luis Pimentel, Adrián Solovio, Valery, Georges Steiner, Sófocles, a Bradomín, Josep Pla, a pintores do país e do mundo como Lugrís, Patiño ou Dalí, a historiadores, contar anécdotas do fútbol ou do oficio, avisar de que vivimos nun país tan progresista que as campás das igrexas teñen que ter coidado para non sobrepasarse ou lembrar a políticos como Guy Mollet, ministro socialista francés dos anos 50 e 60, para iluminar a situación política que hoxe vivimos: “O segredo de toda coalición é o de ser quen de levar o zapato do pé dereito no esquerdo sen que se formen callos…
Hai, coido eu, dous xeitos de citar. O primeiro é narcisista: mirade canto sei; o segundo humilde: isto non é meu. Supoño que non é preciso dicir que o xeito erudito de Salorio, como os seus seudónimos, é o da humildade pero hai algo máis que erudición nos seus escritos pois todo ese saber vai ensarillado nunha prosa peneirada, chea de humor e ben escrita que xa quixeran para sí moitos xornalistas ou ensaistas de sona recoñecida. Tal habelencia, non vou dicir que sexa xenética, pero ten de certo, raigames na nenez porque hai aquí, un lector antigo, hedónico e demorado, un deses seres enfeitizados polos libros dende nenos dos que Christopher Hitchens dicía: sospeito que non importa o moito que un le nos primeiros anos unha vez que se adquire a habelencia de ler só por pracer… O noso colega portugues´, Antonio Lobo Antunes, sempre dicía que as súas influencias literarias decisivas non foron Joyce nin Proust, senón Flash Gordon, Verne ou Salgari debullados con pracer neses anos da nenez e algo semellante, coido eu, que aconteceu na vida de Salorio.
Escribe Salorio nun dos seus artigos referíndose aos moitos que xa cruzamos ese rito de paso que é a xubilación: Todos somos xa “supervivintes”… xogadores dunha prórroga. Vosoutros iniciando a xogada i eu agardando pola tanda de penatis…(pero) todos xogadores dunha mesma prórroga. A idade, que non perdoa, atínxenos a todos e a memoria esvaece, queirámolo ou non, pero non sei de moitos como Salorio que, nese trance memoricen poetas clásicos para exercitar esa habelencia esvaecente, a memoria, tan decisiva como degradada, é frase de Salorio que comparto, polos pedagogos seudoprogresistas
Hai algúns anos pregunteille a amigos e inimigos do mundo da escrita, se sabían quen era ese Procopio que cada 25 de xullo publicaba na Voz de Galicia un longo artigo que cumpría ler devagar. A resposta demorou pero chegou. Era Salorio, o Salorio que fora meu profesor na Faculdade, o único profesor que en tempos da dictadura me firmou un deses manifestos que por entón os comunistas facíamos circular con motivos varios (había moitos, por certo). El esquecera a firma. Eu non. Viña canso de percorrer a Faculdade con negativa tras negativa cando non algunha resposta menos acolledora. Malia o lugar e os convocantes, non vou invocar a Freud para explicar o que eses pequenos detalles da vida cotiá podían significar naquel tempo pero esta mestura de honestidade, non política senón ética, a carón dunha escritura pudorosa que agacha a autoría dos textos con pseudónimos e fai de corvos sabios os relatores das súas historias, di moito de quen así escribe e se comporta
Non sei cal é a razón pola que os artigos de Salorio, (premio de xornalismo Fernández Latorre en 1970 por certo que donou a Casa de Rosalía) non colleran a forma de libros que están merecendo dende hai tempo pero mentres, haberá que recorrer aos xornais, ao seu blog, ou como hoxe, a escoitalo neste Pazo que acolleu a vida de Otero Pedrayo.
S.L.C