Debido a las sucesivas modificaciones y correcciones del texto de O Noso Camiño se produjo un error en la primera página del texto, “Aviso para peregrinos” que eliminaba las obligadas referencias a lo que allí se citaba. El texto que debía figurar es el siguiente:
Cando viaxas literariamente percorres tres veces polo menos o camiño: cando o pensas, cando o pisas e cando o escribes ao volver. Sen dúbida é o xeito máis rentable de viaxar.
Javier Reverte
Caminar: leer un trozo de terreno, descifrar un pedazo de mundo.
Octavio Paz
AVISO PARA PEREGRINOS
Ninguén debe encetar este camiño sen levar no peto para ir lendo nos pousos do camiñar o libro de 1927 que xustifica esta nova andaina: Pelerinaxes. Sen esa compaña o camiño é como calquera outro camiño cousa que non é. O antropólogo Tim Ingold pensa que camiñar, escribir, ler e debuxar teñen algo en común. Abren un sendeiro a través dun territorio e deixan un trazo na imaxinación e no chan. Neste libro hai camiños, lecturas, escritura e debuxos. É algo máis: el mesmo é un camiño e co libro na man pode que os camiñantes poidan «conversar» cos que o fixeron por ve primeira. Escribe Robert MacFarlane no seu libro Holloway que aquí se cita na fermosa versión galega de Xesús Fraga:
En 1689 o poeta xaponés Basho seguiu un sendeiro estreito en dirección a un afastado norte e, mentres camiñaba, falou a miúdo con poetas mortos dun pasado remoto, incluído o seu devanceiro do século XII Saigyo, de tal xeito que, cando regresou, describiu as súas viaxes como conversas entre «un fantasma e un fantasma futuro».[1]
[1] R. MacFarlane; S. Donwood; D. Ricchards. Holloway. Faber & Faber. 2014. A traducción galega de Xesús Fraga: Corredoira: Faktoría K. 2018. Pódese consultar tamén o capítulo 11 (Holloway) de The wild Places, Granta Books, 2007 e The old ways, Penguin Books, 2012, todos eles de R. MacFarlane.