Apuntes dun abril de antano
Meu abril chegou arrastrando carga pesada de marzo. A finais do mes pasado falecía o músico e artista plástico Nito Contreras, o Nitolo da mocidade na vila, un home que recordo dono dunha vontade e alegría contaxiosas, polo menos nos anos que mantiven trato con el, os últimos do franquismo e os primeiros do que logo chamariamos Transición, un tempo dun sen vivir político cotiá que non rematou ata a vitoria socialista do