Charlie vive
Foi a comezo dos anos setenta do pasado século, nas primeiras viaxes a Suíza e Francia, cando descubrín dúas publicacións satíricas francesas, o semanario Charlie Hebdo e a revista Hara-Kiri, coas que rin a cachón e que contribuíron a acrecentar o meu incipiente afrancesamento cultural, baseado ata entón pouco máis que nas cancións de Moustaki, Brassens e Brel. Certo que na España do tardo franquismo e da Transición xa podiamos gozar, cando non