Hoxe, 26º grados nas Burgas e baixando
A primeira nova veu da man dunha muller que non deixaba día ningún sen mergullarse nas augas quentes de As Burgas. Afeita como estaba aos 37 graos, máis ou menos, notou un lixeiro arreguizo un martes de entroido cando se meteu na auga. Corría un andazo de gripe polo que lle apuxo o frío sentido a unha catarreira que encetaba e non pensou máis no asunto. O mércores non tiña síntoma ningún de catarreira pero