OS MAIOS (“artísticos”) O ENTROIDO (de verán) E O KITSCH
Un maio é unha imitación dunha árbore que rexurde na primavera despois da invernía. En Pontevedra na miña mocidade, (xa van anos) os maios eran, e coido que seguen a ser, cónicos, adornados con laranxas sobre bases de fiúncho, musgo ou xestas e acostuman ir na compaña de coroas no cumio dun pau longo. Son fermosos. Un rapaz, métese dentro do maio e canta unha ou varias coplas que repiten outros rapaces mentres dan