Nadal
Nun día como hoxe pillabamos a corredoira que saía por detrás da igrexa para recoller musgo nos valados das leiras. Falo de cando era neno, cando montar o belén na casa era o acontecemento que marcaba o final dos monótonos días de escola e o inicio das vacacións e das Festas de Nadal. Montar a escenografía do nacemento de Xesús supoñía mergullarse nunha historia semellante aos asaltos que os meus sioux, cheyennenes, comanches